Teatro Gorrilla

Artes vivas que habitan cidades

O Teatro Gorrilla é un ciclo de artes escénicas independente e autoxestionado que habita a cidade de Vigo dende 2019. Nestes 7 anos de traxectoria e programación alternativa, o festival trouxo á cidade actuacións e experiencias artísticas variadísimas a espazos urbanos non convencionais.

Mapa e programa

✨️🧢 25 e 26 de setembro 🧢✨️ chega o FESTIVAL TEATRO GORRILLA 2026

Saímos ás prazas para enchelas de danza, teatro e varietés ademáis de irmos á @salarebullon e á @fabricadechocolateclub para unha programación expandida grazas ao noso patrocinador @superbock ao que agradecemos inmenso pola aposta. Pero non só, temos aliadas por toda a cidade: @caixaderitmos_vigo @bottega9994 @esadgalicia @dixtinta_imprenta @arcodavellavigo @csanubeira @elbar.vigo
💕💕

E queremos presentarvos ás protagonistas dun fin de semana de ensoño 🧚🏽‍♀️ xa que contamos co estreno da nova peza de @mutismoa_teatro APEGO🧸; a nova proposta de @cia_alteatro 🪞; as grandisimas @vacaburra_ 🐄🫏; as amigas de @averio.show e o solo de @mario.durann por 1° vez en Vigo

📅 25 e 26 de setembro
📍Sala Rebullón, Praza Arquitectos, Praza Portugal, La Fábrica de Chocolate

Fóra do centro, fóra dos centros

Queremos descentralizar a cultura, saír fóra da institución e apostar por artistas e expresións que non abundan nos circuítos establecidos: propostas híbridas, artistas emerxentes e locais, traballos en proceso... 

Ciclo Trimestral

Teatro Gorrilla ten dúas vertentes: un ciclo trimestral que habita Churruca; e un festival anual nas rúas e espazos non convencionais. Dúas citas anuais para desfrutar da danza, do teatro, da improvisación, do drag, do humor... As artes vivas éncheno todo de vida!

O Festival

Levamos as artes escénicas a espazos non convencionais - coma os bares -para dinamizar o ocio nocturno da cidade, ampliar o acceso do público ás artes vivas e crear novos espazos de intercambio de arte e ideas.

A autoxestión é a base do festival e reflíctese no propio nome: o formato de "gorra" ou taquilla inversa sustenta o festival e, ademais, educa ao público na valoración do traballo das artistas.